Escola Municipal de Piragüismo 2024
A Fundación abre o prazo de inscrición nas actividades deportivas de verán infantís e para adultos.
A Fundación de Servizos Deportivos do Concello Vilagarcía de Arousa vén de abrir o prazo para anotarse nas actividades de verán, tanto as dirixidas ao público infantil (a Escola Multideportiva e as catro Escolas Náuticas), como as destinadas aos adultos (programas Vilagarcía en Forma e Activo MAIORmente). Os interesados deben formalizar a inscrición a través do apartado da Fundación na sede electrónica do Concello (sede.vilagarcia.gal).
A cota a abonar é de 12 ou 18 euros, dependendo da actividade.
A Escola de Piragüismo, contará con 30 prazas, impartirase os martes e xoves comprendidos entre o 24 de xuño e o 30 de xullo, en horario de mañá.
O prazo de inscrición remata o día 20 de xuño.
Mais info =>
Somos Piragüismo Vilagarcía